sábado, 9 de mayo de 2020

NOVIDADES SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO 2020-2021

A OFERTA DO S.U.G. PARA O CURSO 2020/2021 INCORPORA 3 NOVOS TÍTULOS DE GRAO E OS 3 PRIMEIROS GRAOS ABERTOS.

Como principais novidades, o Sistema Universitario de Galicia (SUG) incorporará o vindeiro curso tres novos títulos de grao e os seus tres primeiros graos abertos. En total ofertaranse 11.483 prazas en titulacións de grao (143 máis ca no actual curso) e 5.151 nas de máster (20 máis ca este ano académico).
GRAOS ABERTOS
Que son?
Neles, o estudante pode escoller e cursar asignaturas de diferentes graos durante o primeiro ano e medio dos estudos univesitarios, de xeito que poida facerse unha idea mais realista de en que consisten eses graos e decidirse por un en concreto.
A través dos graos abertos, o alumnado terá a posibilidade de cursar, como mínimo tres titulacións, misturando materias de cada unha delas ao longo dun curso e medio, isto é, 90 créditos.
Unha vez rematado este tempo, o alumnado escollerá unha das titulacións cursadas para continuar cos seus estudos.
Outras características desta modalidade son:
  • O programa debe combinar materias de graos da mesma rama de coñecemento.
  • O programa debe combinar materias dun mínimo de tres graos.
  • Permitirá cursar un máximo de 90 créditos ao alumnado integrado no programa.
  • Debe recoñecerse a maioría dos créditos cursados no grao finalmente elixido.
  • O alumnado que se integre no programa disporá dun proceso continuo de titorización e mentorización.
  • Para acceder ao programa, o alumnado deberá contar cunha nota de acceso, como mínimo, igual á máis alta de todas as titulacións de grao integradas no programa.
  • Como referencia, empregaranse as notas de corte desas titulacións no curso académico 2019-2020.
  • O número de prazas ofertadas para cada programa será dun máximo de 25. As prazas do programa non computarán para os efectos do límite de prazas da oferta da CIUG. 
OFERTA GRAOS ABERTOS 2020/2021
  • Grao de Cc. Sociais e Xurídicas, da UDC, no campus da Coruña, de 90 créditos, que oferta 10 prazas.
  • Grao de Enxeñarías, da UDC, no campus de Ferrol, que oferta 8 prazas, de 60 créditos.
  • Grao 5USC Enxeñarías, da USC, no campus de Lugo, que oferta 10 prazas
NOVOS TÍTULOS DE GRAO 2020/2021
  • Grao de Empresa e Tecnoloxía: USC, Campus de Lugo, 45 prazas.
  • Grao en Bioquímica: USC, Campus de Lugo, 45 prazas.
  • Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía (UDC, Campus da Coruña, 50 prazas).
PROGRAMAS DE SIMULTANEIDADE DE GRAO 2020/2021
Estes son os novos programas de simultaneidade de grao que ofrece o S.U.G., todos eles na UVIGO:
  • ADE e Enxeñaría Informática (UVIGO, Campus de Ourense)
  • Enxeñaría Biomédida e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (UVIGO, Campus de Vigo).
  • Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Mecánica (UVIGO, Campus de Vigo).
  • Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (UVIGO, Campus de Vigo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario