jueves, 21 de mayo de 2020

MODIFICACIÓNS PARA ACCEDER ÁS BOLSAS DO MEC

O Ministerio de Educación e Formación Profesional e o Ministerio de Universidades veñen de reformar o sistema estatal de becas e axudas ao estudo. Estas son as principais modificacións:

  • Reforma dos requisitos académicos: "As bolsas esixirán o aprobado e eliminaranse os requisitos suplementarios. A nota de acceso a bolsas non universitarias redúcese do 5,5 ao 5, se accederá a bolsas de Grao co aprobado dunha porcentaxe de créditos, eliminando a nota media esixida.
  • Elevación do umbral 1 ata case equiparalo ao umbral da pobreza.
  • Elevación das cuantías fixas en 100€: Elévase a cuantía fixa de renta que obteñen os estudantes do umbral 1, a cuantía fixa de residencia que obteñen os que residen fora do seu municipio e a denominada renta básica que se condece a determinados estudos non universitarios.
Recoméndase consultar a web do Ministerio para mais información:
http://www.educacionyfp.gob.es/portada.html

miércoles, 20 de mayo de 2020

VÍDEOS DOS GRAOS DA UDC

Pinchando na imaxe accederás á unha sección da web da Universidade da Corua na que aparecen os distintos títulos de grao que se imparten nela, e pinchando no título que che interese, accederás a un vídeo de presentación dese grao. Son vídeos curtos que informan sobre as características esenciais deses estudos.

Xornadas de portas abertas virtuais na UDC

Lembra que hai un enlace a cada unha das universidades galegas na sección webs de interese, na columna esquerda do blog.

GUÍA DE ESTUDOS SUPERIORES DE LA VOZ DE GALICIA


Pinchando na imaxe terás acceso á Guía de estudos superiores de La Voz de Galicia

Dende esta outra imaxe, accederás á web ¿Qué quiero estudiar?, también de La Voz de Galicia, na que poderás seleccionar distintas opcións para acceder a información sobre estudos superiores.
Qué quiero estudiar? Guía 2019. La Voz de Galicia


DICCIONARIOS DE EDUCAWEB

Dende os seguintes enlaces accederás a unhas interesantes ferramentas da sempre recomendable páxina de educaweb.
No primeiro aparecen distintos campos profesionais e, ao pinchar nalgún deles, accederás a distintas profesións englobadas nel, de xeito que poderás ver que estudos necesitas cursar para exercer esa profesión.
O segundo funciona dun xeito parecido, pero respecto a estudos, organizados por ramas de coñecemento, tipos de estudos... Obterás información sobre cada un deles.



Lembra que educaweb presenta outras ferramentas interesantes de orientacións. Accede a ela dende o enlace na sección de webs de interese do blog, na columna da esquerda.

NOVIDADES ABAU 2020

Aquí tes novidades a ABAU 2020, provocadas pola suspensión das actividades lectivas presenciais.
En todo caso, é recomendable que visites a web da CIUG para consultalas e manterte ó día:

https://ciug.gal/gal/abau

DATAS DA ABAU
HORAIO ABAU
RESUMO DA CONVOCATORIA ORDINARIA




viernes, 15 de mayo de 2020

7 CONSELLOS PARA ESTUDAR DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

Nesta situación de suspensión das actividades lectivas todos temos que aprender unha forma nova de enfrontarnos ás tarefas escolares.
No seguinte vídeo che explicarán 7 ideas para facelo da mellor forma posible.

APPS ÚTILES PARA AXUDARTE A XESTIONAR O TEU ESTUDO

O teu móbil pode converterse nun aliado para mellorar a túa aprendizaxe, tanto durante a suspensión das clases como cando se volva ás clases presenciais. Son útiles, divertidas e variadas. Bótalles unha ollada.


https://play.google.com/store/apps/details?id=droom.sleepIfUCan&hl=es_419
É un despertador, pero coa particularidade de que te obligará a facer algo para que o apagues, como ir a outra habitación da casa e facer unha foto ou resolver un problema matemático.
Aínda que, para poder levantarse a unha hora axeitada, o primeiro paso é non deitarse tarde.

https://apps.apple.com/es/app/exam-countdown/id873279955
É un organizador de tarefas que te axudará a ter presentes as datas de exames, planificar tarefas e horas de estudo.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.gabrielittner.timetable
Un horario moi intuitivo e doado de empregar que podes sincronizar con outros dispositivos. Podes organizar todas as túas tarefas das seguintes catro semanas e ten interesantes utilidades. Por exemplo, esqueciches quitarlle o volume ao teu móbil ou apagalo antes de entrar en clase? Se introduciches esa clase, a aplicación o silenciará automáticamente.

https://myhomeworkapp.com/
Similar á anterior. Permíteche organizar as túas clases e todo tipo de tarefas e sincronizala en varios dispositivos.

https://evernote.com/intl/es/
Unha versión para móbil das anotacións que fas en papeliños e que tan doadamente se perden. Ademais dache a posibilidade organizalas.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.AT.PomodoroTimer&hl=es
Con ela poderás organizar o teu tempo de estudo, dividindo as sesións en tempo de traballo e descansos segundo a túa capacidade. A súa finalidade é que te concentres e evites distracións.

https://play.google.com/store/apps/details?id=info.intrasoft.habitgoaltracker&hl=en_US
Queres cambiar os teus hábitos? Ter unhas rutinas mellores que che axuden a conseguir os teus obxectivos? Esta aplicación te pode axudar. Nela anotarías eses obxectivos (non teñen que ser exclusivamente académicos) que supoñen un esforzo a medio ou largo prazo e a aplicación fará un seguimento dos teus progresos, axudándote a ser constante e non abandonar.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.flashcardmachine.app&hl=es
Sirve para crear tarxetas de estudo ou repaso que podes elaborar para telas sempre dispoñibles no móbil. Permíteche organizalas por temas e poden ser variadas. Por exemplo, unha pregunta nun lado da tarxeta e a resposta no reverso; ou un debuxo co concepto no reverso... O que a ti se che ocorra.