viernes, 15 de mayo de 2020

APPS ÚTILES PARA AXUDARTE A XESTIONAR O TEU ESTUDO

O teu móbil pode converterse nun aliado para mellorar a túa aprendizaxe, tanto durante a suspensión das clases como cando se volva ás clases presenciais. Son útiles, divertidas e variadas. Bótalles unha ollada.


https://play.google.com/store/apps/details?id=droom.sleepIfUCan&hl=es_419
É un despertador, pero coa particularidade de que te obligará a facer algo para que o apagues, como ir a outra habitación da casa e facer unha foto ou resolver un problema matemático.
Aínda que, para poder levantarse a unha hora axeitada, o primeiro paso é non deitarse tarde.

https://apps.apple.com/es/app/exam-countdown/id873279955
É un organizador de tarefas que te axudará a ter presentes as datas de exames, planificar tarefas e horas de estudo.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.gabrielittner.timetable
Un horario moi intuitivo e doado de empregar que podes sincronizar con outros dispositivos. Podes organizar todas as túas tarefas das seguintes catro semanas e ten interesantes utilidades. Por exemplo, esqueciches quitarlle o volume ao teu móbil ou apagalo antes de entrar en clase? Se introduciches esa clase, a aplicación o silenciará automáticamente.

https://myhomeworkapp.com/
Similar á anterior. Permíteche organizar as túas clases e todo tipo de tarefas e sincronizala en varios dispositivos.

https://evernote.com/intl/es/
Unha versión para móbil das anotacións que fas en papeliños e que tan doadamente se perden. Ademais dache a posibilidade organizalas.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.AT.PomodoroTimer&hl=es
Con ela poderás organizar o teu tempo de estudo, dividindo as sesións en tempo de traballo e descansos segundo a túa capacidade. A súa finalidade é que te concentres e evites distracións.

https://play.google.com/store/apps/details?id=info.intrasoft.habitgoaltracker&hl=en_US
Queres cambiar os teus hábitos? Ter unhas rutinas mellores que che axuden a conseguir os teus obxectivos? Esta aplicación te pode axudar. Nela anotarías eses obxectivos (non teñen que ser exclusivamente académicos) que supoñen un esforzo a medio ou largo prazo e a aplicación fará un seguimento dos teus progresos, axudándote a ser constante e non abandonar.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.flashcardmachine.app&hl=es
Sirve para crear tarxetas de estudo ou repaso que podes elaborar para telas sempre dispoñibles no móbil. Permíteche organizalas por temas e poden ser variadas. Por exemplo, unha pregunta nun lado da tarxeta e a resposta no reverso; ou un debuxo co concepto no reverso... O que a ti se che ocorra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario