lunes, 31 de agosto de 2020

lunes, 17 de agosto de 2020

sábado, 18 de julio de 2020

PREINSCRIPCIÓN NO NERTA

Neste vídeo elaborado pola UDC explícase o funcionamento da aplicación NERTA para facer a preinscripción nas distintas titulacións de grao das universidades galegas. 

https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/graos/admision/index.html#1

lunes, 29 de junio de 2020

NOTAS DE CORTE UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS

O diario El País acaba de publicar a edición 2020 do seu buscador para atopar as notas de todos os graos universitarios que se imparten en España.
Pincha na imaxe

https://elpais.com/especiales/universidades/

ADMISIÓN C.F. GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR

Nos seguintes enlaces accederás a sección da web da consellería de educación onde atoparás a información necesaria para o proceso de admisión nos ciclos formativos.

Formación Profesional

Formación Profesional

miércoles, 3 de junio de 2020

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN A.B.A.U. 2020

A Consellería de educación publicou o 3 de xuño a Resolución de 11 de maio de 2020 maio de 2020 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderaciónde materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliaciónde bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2020/21.

Se pinchas no texto resaltado accederás ao documento no que as poderás consultar.

martes, 2 de junio de 2020

ASOCIACIÓN ALTAS CAPACIDADES DE GALICIA

Dende o enlace accederás á A.S.A.C. (Asociación de Altas capacidades de Galicia), en cuxa web poderás atopar todo tipo de información útil relativa ás altas capacidades.

https://altascapacidadesgalicia.org/

jueves, 21 de mayo de 2020

MODIFICACIÓNS PARA ACCEDER ÁS BOLSAS DO MEC

O Ministerio de Educación e Formación Profesional e o Ministerio de Universidades veñen de reformar o sistema estatal de becas e axudas ao estudo. Estas son as principais modificacións:

  • Reforma dos requisitos académicos: "As bolsas esixirán o aprobado e eliminaranse os requisitos suplementarios. A nota de acceso a bolsas non universitarias redúcese do 5,5 ao 5, se accederá a bolsas de Grao co aprobado dunha porcentaxe de créditos, eliminando a nota media esixida.
  • Elevación do umbral 1 ata case equiparalo ao umbral da pobreza.
  • Elevación das cuantías fixas en 100€: Elévase a cuantía fixa de renta que obteñen os estudantes do umbral 1, a cuantía fixa de residencia que obteñen os que residen fora do seu municipio e a denominada renta básica que se condece a determinados estudos non universitarios.
Recoméndase consultar a web do Ministerio para mais información:
http://www.educacionyfp.gob.es/portada.html

miércoles, 20 de mayo de 2020

VÍDEOS DOS GRAOS DA UDC

Pinchando na imaxe accederás á unha sección da web da Universidade da Corua na que aparecen os distintos títulos de grao que se imparten nela, e pinchando no título que che interese, accederás a un vídeo de presentación dese grao. Son vídeos curtos que informan sobre as características esenciais deses estudos.

Xornadas de portas abertas virtuais na UDC

Lembra que hai un enlace a cada unha das universidades galegas na sección webs de interese, na columna esquerda do blog.