jueves, 23 de abril de 2020

ORGANIZAR O ESTUDO DURANTE A CUARENTENA



A pesar desta situación nova para todas, é importante que manteñas (ou comeces) unha rutina de estudo o mais organizada e operativa posible. Aquí tes algún consellos:
  • Levántate cedo e almorza ben
  • Consulta cada día a web do centro educativo e os espazos que emprega cada profesor para o traballo, e anota as novidades do día ou da semana.
  • Elabora un horario de estudo realista, planificando o tempo para cada materia e descansos, e establecendo, segundo o curso no que estés e as túas necesidades, o número de materias a estudar cada día.


  • Podes dividir a túa sesión de estudo entre mañá e tarde.
  • Fai un breve descanso entre materia e materia, no que te levantes e estires o corpo uns minutos.
  • Planifica cada materia. Traballos a facer, onde, cando e como.
  • Elabora unha táboa na que, na primeira columna anotes as materias, na segunda, a plataforma que emprega o profesor, a contraseña para acceder e o mail ou medio de contacto; e na terceira, as tarefas semanas e prazos de entrega. Podería ser algo así:


  • Le ben as instrucións das tarefas.
  • Mantén un contacto habitual con profesores e compañeiros empregando correo e plataformas.
  • Comunica as dúbidas, dificultades ou necesidades aos profesores.
  • Premia o teu esforzo con algunha actividade agradable (sempre que non rompa as restriccións actuáis).
E ánimo. Xa queda menos.             

No hay comentarios:

Publicar un comentario