martes, 14 de abril de 2020

CAMBIOS PARA O CURSO ESCOLAR 2019-2020 POLA COVID-19


Nesta entrada podedes atopar información e novidades sobre os cambios que vai establecendo a administración educativo segundo a evolución do estado de alarma. Intetaremos actualizalo o mais posible. En calquera caso, lembrade que podedes acceder á información a través da web da consellería de educación, da ciug, das distintas universidades ou do ministerio de educación, dependendo do que vos interese.
http://www.edu.xunta.gal/portal/ https://ciug.gal/gal https://www.educacionyfp.gob.es/portada.html https://www.uvigo.gal/ https://www.udc.es/ https://www.usc.gal/es

Aprazada a proba para a obtención do título de bacharelato para maiores de 20 anos, prevista para o 24 de abril

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional apraza a realización da proba para a obtención do título de bacharelato para maiores de vinte anos na modalidade de Ciencias e nos dous itinerarios da modalidade de  Humanidades e Ciencias Sociais, prevista para o día 24 de abril, debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19. Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario.
Así mesmo quedan pendentes de actualización a data de publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas e o período de reclamación contra esa listaxe provisional.
O obxectivo desta proba é que as persoas que non obtiveron esta cualificación a través das ensinanzas reguladas poidan contar con este título a través da participación nunha proba libre na modalidade de Ciencias e nos dous itinerarios da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

ABAU
A Consellería de educación e a CIUG acordaron o 30 de marzo que as datas da ABAU serán os días 7, 8 e 9 de xullo para a convocatoria ordinaria.

Formación Profesional
Entre outras novidades, o Ministerio de Educación estableceu que as probas de acceso a estas ensinanzas para aqueles que non posúan os requisitos académicos quedan pospostas o tempo necesario, chegando incluso á primeira quincena de xullo.

Segunda e terceira avaliacións
Na conferencia sectorial entre CCAA e Ministerio de educación "acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril". 

No hay comentarios:

Publicar un comentario